Saltar ao contido principal

Publicacións

Día das Letras Galegas

O próximo día 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a M. Victoria Moreno. En colaboración co departamento de Lingua Galega e o ENDL, temos previstas diversas actividades das que vos iremos informando, pero comezamos propondo estes dous concursos que hoxe abren o prazo de presentación.  Contamos coa vosa participación!

As fotos do Día do libro

Como xa sabedes, podedes ver a colección de fotos no Instagram da biblioteca; pero non podemos deixar de amosalas aquí, todas xuntas, para poder desfrutalas de todas as formas posibles. Fai clic sobre a imaxe e verás o álbum de fotos. Ou, se o prefires, mira a montaxe en vídeo de youtube: E, outra vez, grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Día do libro

Grazas por participar nas nosas actividades para celebrar o Día do libro. Grazas a todo o alumnado que nos mandou fotos. Grazas ao persoal non docente por deixarnos ver como len. Grazas a todo o profesorado que mostra que ler é para todas as idades. Aínda podedes participar, porque no mundo da lectura sempre hai un oco que encher. Así que vos deixamos este espazo para que nos mostredes como facedes vós. Unha vez máis, grazas a todos por participar. Podedes ver os resultados e os progresos da exposición no noso Instagram (tedes o enlace ao final da páxina). Nos próximos días engadiremos a colección de citas que todos puidestes escoitar o Día do libro a través da megafonía do centro.

Secuela do Sabías quen?

O noso concurso do mes de marzo tivo algunhas consecuencias que pasamos a revisar a continuación. A ver se atopadedes os parecidos! Estes son os orixinais. Agora chegan as vosas réplicas: Coñecedes os personaxes?

El valle de los lobos

E ti como les?

Que imos facer o Día do libro ? Animádevos a participar coas vosas imaxes! Facede unha fotografía na que aparezades lendo, na que non se vos vexa a cara ou non se vos recoñeza facilmente...e enviádea ao enderezo electrónico da biblioteca: bibliotecarebolo@gmail.com Faremos unha exposición no centro coas fotografías que recibamos e serán publicadas tamén na nosa conta de Instagram. Cantos máis participemos, máis teremos para comentar.

Fotografando a natureza

As profesoras do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queren mostrar á toda a comunidade educativa o  Parque Natural do Monte Aloia   que visitaron co seu alumnado no mes de febreiro. Por esta razón, convocan un concurso fotográfico que procura compilar as imaxes que as vosas compañeiras e compañeiros realizaron durante a visita. As persoas que participastes da actividade e queirades colaborar, podedes consultar as bases do concurso no seguinte enlace: E para comezar a desfrutar das marabillas que se poden atopar neste lugar, aquí tedes unha mostra do que veredes na exposición que, en colaboración coa Biblioteca Rebolo, se vai realizar co material recibido.

E ti como les?

Non só de libros...

O club de lectura "Vixía das letras" reuniuse o pasado luns para comentar a lectura deste trimestre, La emperatriz de los etéreos . Aproveitamos tamén a vosa colaboración para facer unhas gravacións para un proxecto de radio na biblioteca escolar, do que iremos vendo resultados proximamente. Pasamos un recreo moi divertido e queremos agradecervos a resposta sempre positiva e entusiasta ante as nosas propostas. Velaí tedes algunhas fotos da sesión. Que vos parecen?

As mil e unha historias de Marisol Ortiz de Zárate

Non contabamos con micrófono e non fixo falta. A pesar de que Marisol Ortiz de Zárate nos advertiu de que a súa voz era frouxa, moi pronto conseguiu captar a atención do alumnado de 3º da ESO referindo a historia da narradora de contos máis antiga, a protagonista de As mil e unha noites . Ao fío desta e doutras historias, a escritora tratou mil e unha curiosidades non só da súa propia experiencia no oficio da escritura, senón tamén da novela  Cantan los gallos. Deste xeito, tivemos a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a obra de lectura deste trimestre, pero dende o punto de vista da autora: como é o proceso de documentación dunha obra histórica?, de que foxen os protagonistas?, quen é o personaxe preferido da escritora?... Comentou Ortiz de Zárate que a máxima de que a novela debe atrapar o lector guiou o proceso creativo desta obra que o alumnado de 3º da ESO leu con pracer. Do mesmo xeito nos atraparon as súas palabras, ás que puxo punto e final co relato dun magnífico...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...