Saltar ao contido principal

Publicacións

Libro libre

Esta semana acollemos na biblio a presentación dunha nova iniciativa en colaboración coa biblioteca Rego da Balsa . Cristina veu presentarnos o Book crossing , ou Libro libre, que desde a súa biblioteca están poñendo en marcha. Que é o Book crossing ?  Unha iniciativa que consiste en  liberar libros en espazos públicos para que outras persoas poidan collelos, lelos e volver a liberalos para que outros poidan tamén utilizalos. Con isto, trátase de evitar que os libros queden esquecidos nos nosos andeis e que todo aquel que queira sumarse poida desfrutar desta comunidade virtual.  Así que xa sabedes, no noso centro contamos xa cun punto de intercambio! Para que coñezades un pouco mellor o seu funcionamento, deixámosvos o enlace á páxina e as fotos do momento da presentación, á que asistiu un grupo moi feitiño Animádevos!

En negro

O 25 de novembro foi o día Internacional da NON violencia contra a muller. Coma todos os anos, no noso centro participamos activamente manifestándonos a través de diferentes iniciativas. Das aulas de Filosofía e Valores éticos xurdiron estes interesantísimos vídeos que todo o alumnado puido visionar na bilbioteca durante a semana: Outras dinámicas de traballo deron como resultado estoutras imaxes, non menos interesantes:     E, como non, tamén nos sumamos á campaña EN NEGRO coa elaboración dun cartel que preside a entrada do centro. Aquí tedes un posado de parte do alumnado que colabora coa biblioteca, coas camisetas que nos proporcionou o concello, a quen agradecemos a súa colaboración: Grazas a todas e a todos!

Samaín con arte!

Sabedes que na Biblioteca non perdemos a oportunidade de aprender e pasalo de  𐌼𐌴𐌃𐍈 . Así, todo ao mesmo tempo! Por iso, a semana do 29 ao 31 de outubro puidestes desfrutar da nosa tradición do Día dos mortos , 𐍃𐌻𐌼𐌰𐌹𐌿 , grazas ao magnífico traballo das profesoras o departamento de Música e o seu alumnado . Velaquí tedes as imaxes: E para ver os vídeos das actuacións, aquí vos deixamos os enlaces: Interpretación da adaptación Eu vin estar o moucho (poema de Rosalía de Castro) Representación teatral de Unha noite de medo Impresionante!!! Grazas por estas fantásticas actuacións!

Éxito no Día da Biblioteca escolar!

Vistes que mesa de agasallos preparamos? Posiblemente non puidestes contemplala porque non tardastes en interesarvos polos libros que vos ofreciamos!  Está claro que vos encantaron os nosos agasallos! E que nos dicides das Recomendacións que algúns de vós fixestes? A todas e todos vós, moitas grazas pola vosa colaboración A que é sensacional? E non foi menos interesante a exposición de Bibliotecas do mundo , unha variada selección de imaxes para todos os gustos, alternativas e inversión... Pero todas cumpren a súa función, achegarnos á lectura e ás posibilidades que nos ofrece.     Recoñecedes esta última?  😉

24 de outubro, Día da biblioteca

Coma todos os anos, o día 24 de outubro celébrase o Día da biblioteca. E como as bibliotecas escolares non somos menos, nós tamén o celebramos con diversas actividades! Este ano imos facer un agasallo a todas e todos os que vos acheguedes pola biblioteca; pero non esquezades que todo o material é efémero e que os regalos non van saír a buscarvos! Na entrada do centro poderedes ver as recomendacións de compañeiras e compañeiros, que puxeron a súa man artística ao servizo do noso Lugar de encontro. E poderedes contemplar interesantes imaxes de bibliotecas do mundo, algunhas grandiosas edificacións e outras enormes polo seu significado. Feliz día da biblioteca!!!

Presentación do FIOT na nosa biblioteca

Unha vez máis a nosa biblioteca implícase no FIOT (Festival Internacional Outono Teatro). Nesta ocasión o alumnado de Bacharelato asistiu a un “sketch” protagonizado por Alba Bermúdez (ex-alumna do noso centro) e o actor Tone Martínez, vinculado ao teatro. Esta breve, pero intensa posta en escena, tivo como obxectivo principal a presentación da 27ª edición deste acontecemento tan relevante no acontecer cultural da nosa comarca.       Desde a Biblioteca Rebolo o noso agradecemento á Concellería de Cultura de Carballo e á organización do FIOT pola desinteresada e constante colaboración co noso centro.    Velaí unhas fermosas imaxes do acto que tivo lugar o 4 de outubro na nosa biblioteca:      

Comezamos o curso con agasallos!

O pasado venres 21 xa houbo festa na Biblioteca Rebolo! O alumnado voluntario do pasado curso recibiu os seus merecidos diplomas e un agasallo en agradecemento pola súa colaboración nas actividades que realizamos. Sabemos que contamos con elas e eles para este curso; pero como hai máis xente que quere participar, en breve abrirase unha nova convocatoria. Esperámosvos!!!!

Xa (case) estamos aquí!

Boas a todas e todos! Non desesperedes, xa estamos a piques de abrir as portas!   Esperamos poder estar convosco a próxima semana, a ser posible o luns 1 de outubro.  Aínda que xa non podemos contar con Anta nin con María Bascuas (estamos negociando con cadanseus representantes para conseguir que nos visiten durante o presente curso), as demais seguimos aquí, ao voso servizo para o que precisedes, baixo a batuta de Bea Cuesta (a nosa nova lider ) e coa colaboración engadida de Basi, Sandra, Diego e Irma.  E, como non, seguimos contando con todas e todos vós, polo que continuaremos propoñendo actividades nas que sempre estamos encantados da vosa participación. Pero isto non é o único que esperamos, precisamos a vosa iniciativa, as vosas ideas, a vosa creatividade, as vosas suxestións, o voso traballo. Xuntos imos facelo moito mellor! Xa vos iremos contando! Estade atentos ás nosas comunicacións! Feliz curso a todos e todas!...

Día Internacional do Medio Ambiente

Sen contaminación por plástico O 5 de xuño celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente , que este ano ten como lema "Sen contaminación por plástico". O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do noso centro, en colaboración coa biblioteca Rebolo, participou nesta xornada cun concurso-exposición de fotografía. Os participantes deixáronnos fermosas imaxes da súa visita ao Monte Aloia, tema proposto para este certame. Aquí tedes un vídeo que recolle as obras dos participantes: E, como non, tamén podedes ver algunhas caras coñecidas: Este ano, a campaña proposta pretende concienciarnos da necesidade de reducir a produción e uso dos plásticos, que poñen en serio perigo a vida dos nosos mares e, en consecuencia, a nosa propia saúde! Como sabemos que estades interesados neste tema, propoñemos que busquedes información (as redes seguro que vos axudan) e fagades unha reflexión que vos axude a tomar conciencia e decisións para loitar contra este problema. Para comezar,...

Non hai dúbida: xuño está aquí

¿Alguén ten hoxe un exame? ¿Hai que presentar un traballo? ¿Imprimir unha imaxe? ¿Resolver un exercicio? ¿Consultar información? Estes últimos días de curso é difícil atopar sitio na biblioteca do Parga Pondal. Se seguimos así, imos necesitar unha ampliación. A todas e todos, ánimo e moita sorte neses exames!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...