Saltar ao contido principal

Publicacións

Agradecemento ó alumnado axudante

Aquí tedes a algúns dos nosos marabillosos alumnos axudantes do curso pasado! A vosa axuda é fundamental!  Moitas grazas a Fran, Angélica, Rebeca, Joana, David, Ryan, Murillo, Yadira, etc. Algúns xa non están no IES pero fica a súa pegada!  Moitas grazas!

Exposición con libros de temática LGTBI

  Ola, queridos rebolindas! Esta semana inauguramos unha exposición moi importante! Desde o ano 2016 están sendo tempos moi complexos para a igualdade no colectivo LGTBI xa que empezaron a xurdir con máis forza movementos que buscan impor na sociedade modelos sociais e sexuais moi restrictivos   impropios dunha sociedade libre e democrática. Estes   movementos   queren cercenar a liberdade e voltar aos modelos tradicionais onde se trata de uniformar a toda a sociedade nun modelo familiar e social que non é real e que provoca graves conflictos personais internos a quen non encaixa neses moldes. Como establece a Constitución, a educación ten por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e a os dereitos e liberdades fundamentais. A xuventude ten que ser educada nos valores democráticos entre os que se inclúe a igualdade, a diversidade e o respecto a todos, sen que poida discriminarse a ningunha...

Samaín 2020

O departamento de Música, en colaboración coa Biblioteca, o departamento de Galego, Informática e Lingua Castelá, queremos ofrecervos una pequena homenaxe que fixemos o Samaín, unha das tradicións propias da nosa terra. Para elo, o alumnado de música de 1º e 2º de Bacharelato, 4º ESO C e D, e 3º ESO B prepararon una velada musical moi especial. Puxeron moita ilusión, esforzo e traballo.   E pos suposto, queremos agradecer a Dirección do centro, a todo o profesorado e persoal non docente por facilitarnos a realización deste proxecto.   Esperamos que o gocedes. Feliz Samaín!!!

Exposición de libros nas vitrinas: Samaín e Harry Potter

  Vistes as nosas novas vitrinas camiño da cafetería? Ímolas empregar para recomendarvos lecturas de diferente temática. Na da esquerda, comezamos polo Samaín, festividade de orixe celta, que se celebra na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. O Samaín servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o “Ano Novo Celta”, que comezaba coa estación escura. Tedes máis información no Taboleiro do EDLG Na da dereita, a famosa saga de Harry Potter, unha serie de novelas fantásticas escritas pola autora británica J.K. Rowling. Nelas nárranse as aventuras do mozo aprendiz de maxia e feiticería Harry Potter e os seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, durante os anos que pasan no colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería.

Recomendacións de lectura

Cada semana imos recomendarvos un libro de lectura tanto en castelán como en galego. Tocaremos moitos xéneros e idades.  Esperamos que vos guste a nosa selección!! Semana 25 outubro - 1 novembro Semana 1 novembro - 8 novembro Semana 8 novembro - 15 novembro   Semana 15 novembro - 22 novembro       Semana 23 novembro - 29 novembro     Semana 30 novembro - 6 decembro Semana 7 decembro - 13 decembro Semana 14 decembro - 20 decembro Semana 21 decembro - 27 decembro Semana 11 xaneiro - 17 xaneiro Semana 18 xaneiro - 24 xaneiro Semana 25 xaneiro - 31 xaneiro Semana 1 febreiro - 7 febreiro Semana 8 febreiro - 14 febreiro Semana 15 febreiro - 21 febreiro Semana 22 febreiro - 28 febreiro Semana 1 marzo - 7 marzo Semana 8 marzo - 14 marzo Semana 15 marzo - 21 marzo Semana 22 marzo - 28 marzo Semana 12 abril - 18 abril Semana 19 abril - 25 abril Semana 26 abril - 2 maio Semana 3 maio - 9 maio Semana 10 maio - 16 maio Semana 17 maio - 23 maio Semana 24 maio - 30 m...

Días das Bibliotecas 24 Outubro

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.  É unha iniciativa que dende 1997 promove a  Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil O obxectivo é poñer en valor o papel das bibliotecas e a importancia de contar con uns servizos bibliotecarios de calidade, accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. Desde o ano pasado  incorporouse  o lema ‘Aptas para todos os públicos’, que está presente en toda as actividades que se poñan en marcha. A edición de este ano, baixo o lema ‘ Bibliotecas, sempre ao teu carón ‘ céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Cartel e logo da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través de la Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultur   Para conmemorar este día, nos fixemos unha exposición de bibliotecas do mundo que podedes ver n...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...