Saltar ao contido principal

Publicacións

Actividade coa asociación ALAS de Coruña

 Este 31 de marzo celébrase o Día internacional da Visibilidade Transxénero. No IES Isidro Parga Pondal realizamos durante esta semana unhas charlas/obradoiros co alumnado de ESO e Bacharelato a cargo da asociación ALAS de Coruña. A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña naceu no ano 2010 en Coruña e ten como obxectivo a defensa dos dereitos das persoas LGTBI. No IES traballaron nun obradoiro de concienciación co alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º Bac durante esta semana, realizando diversas actividades.    

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 Este ano a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas a Xela Arias (1962-2003), unha da voces destacadas da poesía galega contemporánea.    Ademais de poeta, Xela Arias foi tradutora e profesora de Lingua Castelá e Literatura en diferentes institutos galegos. É autora dos poemarios Denuncia do equilibrio (1986), Tigres como cabalos (1990), Darío a diario (1996) e Intempériome (2003). Fixo traducións ao galego de obras como Drácula de Bram Stoker, As bruxas de Roald Dahl, Contos ao teléfono de Gianni Rodari, entre outros autores.           Xela Arias foi unha autora con vocación feminista, transgresora e pioneira tanto na estética como na poética e cun alto grao de conciencia idiomática e estima pola lingua. “O idioma é o principal signo dunha cultura”, dicíao en 1988: “Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma, alónxano d...

Adiviña o personaxe relevante dentro da historia de Galicia (versión completa)

Hoxe, 17 de maio, celébrase o “ Día das Letras Galegas ”, recordando que Rosalía de Castro publicou nesa data no ano 1863 a súa obra Cantares Gallegos . Para celebrar esta conmemoración, no noso instituto quixemos   facer algo diferente implicando a alumnado de diferentes niveis e por suposto a diferentes departamentos. Nunha serie de tres vídeos presentámosvos a distintos personaxes galegos todos eles relacionados coa nosa   cultura: cantantes, músicos, escritores, loitadoras, empresarios, pintoras, intelectuais, deportistas, actrices, heroínas…en definitiva ilustres personalidades…   Os compañeiros   de diúrno e   nocturno caracterizáronse destes misteriosos personaxes e deron   unha serie de datos e pistas   sobre eles. É aí onde comeza o voso traballo, ser quen de adiviñar cada un deles. Grazas a todo o alumnado participante así como a cada un dos membros da Comunidade Educativa que colaboraron neste traballo. Un recoñecemento especial a...

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia (17 maio)

Hoxe, 17 maio, celébrase O Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia , para denunciar a discriminación da cal son obxecto todas as persoas con preferencias sexuais diferentes ás convencionais como é o caso dos homosexuais, os transexuais, os bisexuais e as lesbianas en todo o mundo. Todos temos dereito a un mundo sen discriminación. Xuntos: resistindo, apoiando, sanando!"  

Día Internacional da Convivencia en Paz

Hoxe, 16 de maio celébrase o Día Internacional da Convivencia en Paz . Con este día preténdese promover a tolerancia, a solidariedade, o respecto e a paz a nivel mundial. É importante lograr resolver os nosos problemas dialogando e de maneira pacífica.

Entrevista a Pablo Iglesias (ex-alumno) con motivo do seu premio excelencia da Universidade da Coruña

Desde o noso centro, e concretamente desde a nosa Radio Rebolondas, realizamos unha entrevista ao exalumno Pablo Iglesias co motivo do galardón recibido   neste ano tan insólito para todos nós. Trátase do Premio Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota   de admisión nos Graos do curso 2020-2021. Pablo foi alumno do noso centro durante seis anos e agora está realizando un Grao de Educación Primaria.  Pablo recollendo o premio É un estudante brillante e así o demostra a súa Matricula de Honra en 2º de Bacharelato, pero se temos que destacar algo máis có estritatamente académico temos que resaltar   a súa solidariedade, o seu   respecto e o seu saber estar.   Para toda a Comunidade Educativa é un privilexio e por suposto un orgullo   que un alumno reciba un premio destas características. Na entrevista tratamos de coñecer “in situ” o que significou para Pablo este recoñecemento e as vivencias que experimentou no Parga Pondal. Do mesmo xei...

Concurso de fotografía "Ecosistemas da contorna"

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía en colaboración coa Biblioteca convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía. O tema das fotografías será ECOSISTEMAS DA CONTORNA. Con esta actividade preténdese concienciar ao alumnado da importancia que ten o medio ambiente.  A perda de ecositemas está privando ao mundo de sumidoiros de carbón, como os bosques e as turbeiras. As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático catastrófico. A perda de ecosistemas implica que se reduza o hábitat natural para os animais, creándose así as condicións idóneas para que os patóxenos, incluidos os coronavirus, se propaguen.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...