Saltar ao contido principal

Publicacións

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Ante o gran problema da destrución de ecosistemas, céntrase na súa restauración co lema “ Reimaxina, recrea, restaura”.   O día 5 de xuño de 2021 arranca o Decenio das Nacións Unidas sobre Restauración de Ecosistemas que   ten como obxectivo previr, deter e reverter a degradación dos ecosistemas en todos os continentes e océanos. Os ecosistemas sustentan todas as formas de vida da Terra. Da saúde dos ecosistemas depende directamente a saúde do noso planeta e dos seus habitantes.   Conmemoramos este día cunha exposición das fotografías do concurso “Ecosistemas da contorna” do alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e varios murais coa temática do lema deste ano: “ Reimaxina, recrea, restaura”.   O alumnado de 1º ESO fixo un traballo sobre biodiversidade elaborando guías de seres vivos. Nas vitrinas exponse unha pequena selección destes traballos. Por outra parte, o alumnado de 4º E...

Lecturas do club de lectura no curso 2020/2021

 Este ano no club de lectura léronse os seguintes libros: Cores prohibidas Saíra   do meu país porque a miña filla era dunha cor prohibida en Senegal, e chegara a un lugar no que tanto a súa pel como a miña eran diferentes ás demais. Só me quedaba confiar en que neste país non houbese cores prohibidas. Colección: Aktual   Autora: María Peralta Vidaurreta   Adaptadora: --   Ilustracións: Eva Garrido del Saz   Idioma: Galego - También disponible en Castellano   Ano de edición: 2019   Trampa de lume O 25 de marzo de 1911, un grande incendio na fábrica Triangle de Nova York provoca a morte de 146 persoas. A maioría delas eran mulleres que traballaban baixo unhas condicións pésimas. Este feito levou cara a unha revolta das mulleres que obrigou a cambiar as leis laborais. O incendio é a orixe histórica do Día da Muller Traballadora e da historia desta novela. Colección: Aktual   Autora: Núria Martí Constans   Adaptadora: ...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...