Saltar ao contido principal

Publicacións

Día contra a violencia machista

Ola, Reboleiros e Reboleiras! Como sabedes, o xoves 25 de novembro é o Día contra a violencia machista. Desde a Biblio Rebolo solicitamos axuda aos titores e aos compañeiros de Educación Plástica e Visual para encher o noso centro con carteis de denuncia ante esta gran lacra social. Nesta primeira entrada tedes unha pequena escolma realizada polo alumnado de 4 ESO feita na súa asignatura de EPV impartida por Juan Carlos Linares. Temos verdadeiros artistas neste centro!     A continuación tedes máis traballos realizados polo alumnado do noso IES para concienciar sobre a importancia da loita contra as violencias machistas. Como podedes ver, as primeiras fotos son sobre letras de cancións e son traballos feitos polo alumnado de Valores Éticos.    

Gravación Rebolondas Lecturas Neira Vilas

Deixámosvos o podcast confeccionado a partires dos audios da lectura dos fragmentos da obra de Neira Vilas. Nesta gravación tivemos a colaboración especial do profesor Carlos Turnes Rieiro e participaron con moita ilusión os/as alumnos/-as de 1º ESO: Valeria Domínguez Costa Xabier Doldán Suárez Sara Barbeira Fraga Hugo Almeida Cousillas Noa García Felípez Victoria Isabella Fernández González Tamén deixámosvos algunhas imaxes da gravación na radio.  

Día do lector/a

No Calendario do libro e da lectura de Galicia, o 3 de novembro celebrouse por primeira vez o Dia do Lector/a coincidindo co nacemento do escritor Xosé Neira Vilas en 1928 en Gres, Vilacruces (Pontevedra). Na Biblioteca Rebolo quixemos conmemorar esta data cunha lectura colectiva do seu libro máis coñecido: Memorias dun neno labrego (1961). Deixámosvos aquí algunhas imaxes da lectura na Biblioteca e tamén uns audios gravados na nosa radio escolar, Rebolondas. Nesta gravación tivemos a colaboración especial do profesor Carlos Turnes Rieiro e participaron con moita ilusión os/as alumnos/-as de 1º ESO: Valeria Domínguez Costa Xabier Doldán Suárez Sara Barbeira Fraga Hugo Almeida Cousillas Noa García Felípez Victoria Isabella Fernández González Esperamos que vos guste e que vos animedes a ler esta fermosa novela de Xosé Neira Vilas que xa ten engaiolado a miles de lectores.    

SAMAÍN TERRORÍFICO NO PARGA PONDAL HAHAHAHAHA

O 31 de outubro celebramos o Samaín na vosa Biblioteca Rebolo! Para elo, transformamos a biblioteca nun sitio terrorífico e fixemos unha escolma de libros aterradores para o voso horripilante disfrute. Aquí tedes algunas espantosas fotografías!!!    

Entrega de premios!

A semana pasada as gañadoras da mellor ilustración polo Día das Bibliotecas recibiron os seus premios. Estas artistas estupendas son: Sara Fernández Suárez (1º ESO A) e Uxía González Vázquez (1º ESO B) Esperamos que os disfruten moito!    

Día das bibliotecas

Como xa sabedes o día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. No IES Parga Pondal celebrámolo con diferentes actividades: Fixemos unha exposición cos marabillosos traballos de portadas de libros favoritos do alumnado de 1º da ESO. Reinauguramos o noso querido e exitoso “punto de libros”, coñecido como Punto de intercambio, onde podedes levar os libros e revistas que máis vos gusten. E fixemos unha pequena escolma para a expo de Banda deseñada e da revista Laukatu (especializada en manga e cómics). Deixámovos aquí cunha pequena mostra de todas estas actividades!    


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...