Saltar ao contido principal

Publicacións

Curso de Resolución de conflictos na aula

Mirade que bonita ficou a nosa biblio Rebolo para facer o curso de Resolución de conflictos na aula! Este curso foi impartido polo profesor Juan Vaello e realizouse de forma presencial e online. Non dubidedes en pasarvos pola vosa súper biblio para facervos con algún exemplar dos libros de este especialista en ensino!    

CONCURSO DE CANTIGAS DE ENTROIDO 2022

Desde o EDLG, o Departamento de Galego e a Biblioteca convocamos por segundo ano consecutivo o Concurso de cantigas de Entroido. Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase a súa creatividade e enxeño escribindo cantigas relacionadas co Entroido e coplas satíricas sobre personaxes e temas actuais. Anímate e participa!  

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Dende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego xa estamos pensando nas próximas celebracións. Así que aí vai un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria ( o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados. Animádevos a participar! Esperamos as vosas cartas!    

Concurso postais Nadal

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2021 convocado polo EDLG en colaboración coa Biblioteca e cos Departamentos de Artes Plásticas e de Lingua Galega. 1º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 1º BACHARELATO B.  2º premio: UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 3º ESO B.  3º premio: SARAY GENDE COLLAZO. 1º ESO E. Parabéns ás tres gañadoras e graciñas a todo o alumnado que participou!   

Encontro literario con Antía Yáñez

O xoves, 09 de decembro, o alumnado de 3º da ESO do noso centro asistiu a un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. Tras unha breve presentación, feita polas alumnas Judith Añón Carracedo e Ánxela Palomero Agra, a escritora falounos da temática da novela Senlleiras e do proceso da súa escrita. Finalmente contestou ás preguntas que os alumnos e alumnas lle fixeron e asinou e adicou os seus libros. Agradecemos a xestión da profesora Beatriz Corral para que esta actividade fose financiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22.  Deixámosvos algunhas imaxes deste encontro con Antía Yáñez e esperamos que vos animedes a ler calquera dos seus libros.      

Día contra a violencia machista

Ola, Reboleiros e Reboleiras! Como sabedes, o xoves 25 de novembro é o Día contra a violencia machista. Desde a Biblio Rebolo solicitamos axuda aos titores e aos compañeiros de Educación Plástica e Visual para encher o noso centro con carteis de denuncia ante esta gran lacra social. Nesta primeira entrada tedes unha pequena escolma realizada polo alumnado de 4 ESO feita na súa asignatura de EPV impartida por Juan Carlos Linares. Temos verdadeiros artistas neste centro!     A continuación tedes máis traballos realizados polo alumnado do noso IES para concienciar sobre a importancia da loita contra as violencias machistas. Como podedes ver, as primeiras fotos son sobre letras de cancións e son traballos feitos polo alumnado de Valores Éticos.    

Gravación Rebolondas Lecturas Neira Vilas

Deixámosvos o podcast confeccionado a partires dos audios da lectura dos fragmentos da obra de Neira Vilas. Nesta gravación tivemos a colaboración especial do profesor Carlos Turnes Rieiro e participaron con moita ilusión os/as alumnos/-as de 1º ESO: Valeria Domínguez Costa Xabier Doldán Suárez Sara Barbeira Fraga Hugo Almeida Cousillas Noa García Felípez Victoria Isabella Fernández González Tamén deixámosvos algunhas imaxes da gravación na radio.  

Día do lector/a

No Calendario do libro e da lectura de Galicia, o 3 de novembro celebrouse por primeira vez o Dia do Lector/a coincidindo co nacemento do escritor Xosé Neira Vilas en 1928 en Gres, Vilacruces (Pontevedra). Na Biblioteca Rebolo quixemos conmemorar esta data cunha lectura colectiva do seu libro máis coñecido: Memorias dun neno labrego (1961). Deixámosvos aquí algunhas imaxes da lectura na Biblioteca e tamén uns audios gravados na nosa radio escolar, Rebolondas. Nesta gravación tivemos a colaboración especial do profesor Carlos Turnes Rieiro e participaron con moita ilusión os/as alumnos/-as de 1º ESO: Valeria Domínguez Costa Xabier Doldán Suárez Sara Barbeira Fraga Hugo Almeida Cousillas Noa García Felípez Victoria Isabella Fernández González Esperamos que vos guste e que vos animedes a ler esta fermosa novela de Xosé Neira Vilas que xa ten engaiolado a miles de lectores.    


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...