Saltar ao contido principal

Publicacións

Degustamos as crêpes do noso alumnado!!!!

 O noso alumnado deixounos unha boa mostra dos seus dotes culinarios na gran participación no concurso de crêpes organizado polo Departamento de francés, o EDLN e a Biblioteca.  Aquí vos deixamos a mostra do que puido saborear o xurado, o alumnado que pasou pola biblioteca na hora do recreo e o profesorado!!!

Día da Candeloria – La Chandeleur 2 de febreiro

  Día da Candeloria – La Chandeleur 2 de febreiro O Departamento de Francés, a Biblioteca Rebolo e o EDLG queremos celebrar con vós o Día da Candeloria - La Chanceleur degustando. -A primeira hora (venres 2 de febreiro) , deixa a túa crêpe ou filloa na biblioteca do centro. -Ao lado dela, nun papeliño dobrado ou dentro dun sobre , o teu nome cos apelidos e curso (non pode estar visible o nome para que o xurado sexa imparcial). -No recreo , poderemos apreciar todas e todos as vosas crêpes . Ademais, un xurado imparcial puntuará as vosas propostas. -Haberá tres premios para os tres primeiros clasificados . Aquí vos deixamos, por se queredes ideas para a elaboración das crêpes , unha receita e un e n lace a un vídeo!!! https://www.youtube.com/watch?v=UGsvfsrP2fo

Concurso de cartas de amor: celebramos a Candeloria

O noso centro celebrou  o día da Candeloria a través da degustación de crêpes feitas polo noso alumnado mais tamén desfrutamos da súa destreza literaria. Así,   d ende o EDLG, a Biblioteca e o Departamento de Galego celebramos  un concurso de cartas de amor para festexar a Candeloria (o día no que casan os paxariños) e o Día dos namorados. Podedes consultar no seguinte enlace os textos que o noso alumnado nos deixou: IES Isidro Parga Pondal | Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos (xunta.gal) E aquí vos deixamos o alumnado premiado CATEGORÍA A: 1º premio: MARÍA LOBERA LISTA. 2º ESO D. 2º premio: HUGO BARDANCA VILLAVERDE. 2º ESO D. 3º premio: ARANCHA COTELO MUÍÑO. 2º ESO C. CATEGORÍA B: 1º premio: NOA FRAGA SANDE. 4º ESO A. 2º premio: JULIA GARCÍA VILAR. 4º ESO A. 3º premio: CELIA QUEIJO CAMBÓN. 4º ESO A. Parabéns aos/ás gañadoras! Graciñas a todo o alumnado que participou e un agradecemento especial ao xurado que tivo unha ardua t...

Película "Campeones" e charla-coloquio (3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade)

 O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e o equipo de Biblioteca, xunto co Departamento de Orientación, quixo facer partícipe ao alumnado de 1º ESO a través da visualización da película "Campeones" e unha posterior charla-coloquio. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

Concurso de postais de nadal

Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas e da Biblioteca convocamos por quinto ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal, onde o alumando demostrou as súas habilidades artísticas. E aquí tedes as grandes artistas gañadoras do concurso!!  

Carreira solidaria en contra da violencia contra as mulleres

  O Departamento de Orientación, en colaboración co equipo da biblioteca, celebrou o 25 de novembro a través dunha carreira solidaria en contra da violencia contra as mulleres para amosar o seu compromiso para loitar contra este mal que sofre a nosa sociedade.

Desfrutamos co noso alumnado do teatro no 32 Festival Internacional Outono de Teatro

 Ao longo dos meses de outubro e novembro Carballo celebra o 32 Festival Internacional Outono de Teatro, e desde o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro non queriamos que o noso alumnado deixase de desfrutar do espectáculo. Así, que, alí estiveron os e as alumnas.   4 de outubro, 3º ESO en Apaga o candil 24 de outubro, 1º e 2º de Bacharelato en Puños de harina 23 de novembro 4º ESO en Alma de tigre Aquí unha pequeniña mostra!    Moitas grazas á organización por nos ofreceren e permitiren desfrutar destas obras co noso alumnado!!!

Entrega de diplomas ao noso alumnado axudante de biblioteca

 No noso centro contamos con varios alumnos e alumnas que axudan nas tarefas cotiás da biblioteca, así como na realización das actividades que esta desenvolve. Igual ca este ano, o noso centro particiou no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA.  En primeiro lugar, queremos agradecer a este alumnado a súa colaboración e disposición diaria, tanto neste ano coma no pasado!!!! MOITAS GRAZAS!!!!! Ademais, ao formaren parte deste programa no curso 2022/2023, recibiron un diploma acreditando esta colaboración, do que vos deixamos unha mostra!

Preparamos o Samaín: decoramos e degustamos unha COMIDA MONSTRUOSA!!!!!

O noso centro, e especialmente a nosa biblioteca, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o alumando voluntario que participa do programa Bibliotecas Escolares Solidarias integrado no PLAN LÍA, tamén se quixo preparar para a noite de defuntos e ambientarse para recibir o Samaín. Aquí vos deixamos unha mostra. Ademais, quixemos degustalo, por iso celebramos un concurso de COMIDA MONSTRUOSA!!!!!!!!! Para participar no concurso gastronómico monstruoso este venres 3 de novembro: -A primeira hora, deixa a túa proposta gastronómica na biblioteca do centro. -Ao lado dela, nun papeliño dobrado ou dentro dun sobre, o teu nome cos apelidos e curso (non pode estar visible o nome para que o xurado sexa imparcial). -No recreo, poderemos apreciar todas e todos as diferentes propostas. Ademais, un xurado imparcial puntuará as diferentes propostas. -Haberá tres premios para os tres primeiros clasificados.   Animádevos a participar!!!!! Deámoslle un peche monstruosaboroso a es...

Conmemoramos o 24 de outubro, Día das Bibliotecas

  O día 24 de outubro as bibliotecas están de celebración porque se conmemora o “Día das Bibliotecas” , e a nosa quería forma parte desta conmemoración. Facendo partícipe ao noso alumnado de 1º da ESO a través dun concurso, en colaboración co EDNL. Así pois, expuxemos no taboleiro do centro as portadas que estes debuxaron do seu libro favorito . Velaquí vos deixamos unha pequena mostra da exposición de cartaces de diferentes bibliotecas e das portadas dos libros.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...