Saltar ao contido principal

Publicacións

Día do lector/a

No Calendario do libro e da lectura de Galicia, o 3 de novembro celebrouse por primeira vez o Dia do Lector/a coincidindo co nacemento do escritor Xosé Neira Vilas en 1928 en Gres, Vilacruces (Pontevedra). Na Biblioteca Rebolo quixemos conmemorar esta data cunha lectura colectiva do seu libro máis coñecido: Memorias dun neno labrego (1961). Deixámosvos aquí algunhas imaxes da lectura na Biblioteca e tamén uns audios gravados na nosa radio escolar, Rebolondas. Nesta gravación tivemos a colaboración especial do profesor Carlos Turnes Rieiro e participaron con moita ilusión os/as alumnos/-as de 1º ESO: Valeria Domínguez Costa Xabier Doldán Suárez Sara Barbeira Fraga Hugo Almeida Cousillas Noa García Felípez Victoria Isabella Fernández González Esperamos que vos guste e que vos animedes a ler esta fermosa novela de Xosé Neira Vilas que xa ten engaiolado a miles de lectores.    

SAMAÍN TERRORÍFICO NO PARGA PONDAL HAHAHAHAHA

O 31 de outubro celebramos o Samaín na vosa Biblioteca Rebolo! Para elo, transformamos a biblioteca nun sitio terrorífico e fixemos unha escolma de libros aterradores para o voso horripilante disfrute. Aquí tedes algunas espantosas fotografías!!!    

Entrega de premios!

A semana pasada as gañadoras da mellor ilustración polo Día das Bibliotecas recibiron os seus premios. Estas artistas estupendas son: Sara Fernández Suárez (1º ESO A) e Uxía González Vázquez (1º ESO B) Esperamos que os disfruten moito!    

Día das bibliotecas

Como xa sabedes o día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas. No IES Parga Pondal celebrámolo con diferentes actividades: Fixemos unha exposición cos marabillosos traballos de portadas de libros favoritos do alumnado de 1º da ESO. Reinauguramos o noso querido e exitoso “punto de libros”, coñecido como Punto de intercambio, onde podedes levar os libros e revistas que máis vos gusten. E fixemos unha pequena escolma para a expo de Banda deseñada e da revista Laukatu (especializada en manga e cómics). Deixámovos aquí cunha pequena mostra de todas estas actividades!    

PRESENTACIÓN BIBLIOTECA REBOLO PARA OS NOVOS USUARIOS

Ola reboleiros e reboleiras! Cun pouquiño de retraso publicamos as fotos da presentación da vosa biblioteca! Como todos os anos prepandémicos o novo alumnado do centro ten por diante a gran aventura de descubrir a nosa Biblio Rebolo. Nestas fotos podedes ver a presentación que fai o equipo da biblio para que o novo alumnado coñeza todo o mundo maravilloso que se esconde na Rebolo. Botádelle un ollo!  

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021. EDLG.

Desde o EDLG coa colaboración do Departamento de Artes Plásticas, de Língua Galega e da Biblioteca convocamos por terceiro ano consecutivo o Concurso de postais de Nadal. Gustaríanos que o alumnado do IES Parga Pondal demostrase as súas habilidades artísticas participando neste concurso. As bases son as seguintes: FORMATO: O tamaño máximo da postal será A5 ou de medio folio. MATERIAL: Cartolina ou folio. MOTIVO TEMÁTICO: Paisaxe invernal galega. TÉCNICA: A técnica será libre, pero non se poderán utilizar deseños por ordenador nin con texturas (algodón, purpurina ...). CON TEXTO EN LINGUA GALEGA: Desexos de Nadal, panxoliña, poema, un lema ... DATOS: Nome, apelidos e Grupo na parte posterior da postal. ENTREGA E DATA LÍMITE: As postais serán entregadas aos profesores ou de Artes Plásticas, de Galego ou na Biblioteca ata o venres, 10 de decembro. PREMIOS: O xurado concederá 3 premios ás postais orixinais e inéditas coa mellor decoración...

Achégase a noite do Samaín!

 En gaélico, Samhain significa "fin do verán", como o celebraban os antigos celtas nesa época de transición do verán ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar todos os anos, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se di que é máis fácil viaxar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.    O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Chegou aos Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX, debido aos numerosos emigrantes escoceses e irlandeses que marcharon a América, levando consigo a súa cultura e tradición.  Todos os galegos apreciamos esta data moito antes de que a celebración do Halloween, na súa versión americana, chegase ata nós.  E é que aquí o Samaín forma parte da tradición máis arraigada e enxebre da nosa terra. Para celebrar este día o noso alumnado elaborou poemas, adiviñas e refráns cos que decoramos o taboleiro. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.    

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe, día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Ante o gran problema da destrución de ecosistemas, céntrase na súa restauración co lema “ Reimaxina, recrea, restaura”.   O día 5 de xuño de 2021 arranca o Decenio das Nacións Unidas sobre Restauración de Ecosistemas que   ten como obxectivo previr, deter e reverter a degradación dos ecosistemas en todos os continentes e océanos. Os ecosistemas sustentan todas as formas de vida da Terra. Da saúde dos ecosistemas depende directamente a saúde do noso planeta e dos seus habitantes.   Conmemoramos este día cunha exposición das fotografías do concurso “Ecosistemas da contorna” do alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e varios murais coa temática do lema deste ano: “ Reimaxina, recrea, restaura”.   O alumnado de 1º ESO fixo un traballo sobre biodiversidade elaborando guías de seres vivos. Nas vitrinas exponse unha pequena selección destes traballos. Por outra parte, o alumnado de 4º E...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...