Saltar ao contido principal

Publicacións

Adiós, ríos; adiós, fontes...

 Rosalía sempre ten un lugar especial na nosa biblioteca, pero é importante sacala tamén do interior das tapas dos libros, por iso, o alumando de 2º da ESO escolleu e deseñou algúns dos seus poemas para mostrarllos a toda a comunidade educativa.

Acudimos ao teatro co noso alumando de 4º ESO e 1º BACH para ver A Nai, unha proposta de Amorodio teatro

 Desde o noso centro, e desde a biblioteca Rebolo, sabemos que o teatro non é só un momento de desconexión e entretemento, senón que axuda a reflexionar e poñer enriba da mesa cuestións vitais e tamén nos axuda a coñecer parte do mundo que nos rodea. Por esta razón acudimos co alumnado de 4º ESO e 1º BACH a ver a proposta da compañía teatral Amorodio Teatro, A Nai . Con ela coñecemos as irmás Lola, Julia e Amparo Touza e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, e isto serviunos para coñecermos parte da nosa historia que nos levou a reflexionarmos sobre o futuro dunha sociedade mellor a través da acción individual.

Degustamos un ano máis as crêpes do noso alumano, pero queremos máis... engadimos pancakes!!!!

 Un ano máis, desde a biblioteca Rebolo queremos seguir colaborando cos diferentes departamentos para poñer en valor as diferentes facetas do noso alumnado. O ano pasado comezamos cun concurso de crêpes, que axudou a que o alumando coñecese parte da cultura culinaria francesa, ampliase o vocabulario e demostrase a todo o centro que tamén sabe cociñar. Este ano seguimos coa iniciativa, pero ampliando a proposta con pancakes. Para isto contamos coa colaboración das profesoras de francés e inglés que impulsaron esta actividade entre o seu alumando de 2º ESO. Aquí vos deixamos unha mostra da difícil tarefa que tivo o noso xurado, e da que deron boa conta logo os alumnos e alumnas que se achegaron no recreo á biblioteca!

As cantareiras que nos rodean

 Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ás cantareiras e á poesía oral popular, e aínda que centra a súa homenaxe nas Pandeireteiras de Mens, sabemos que é un campo moito máis amplo. En Carballo temos unha boa mostra disto, por iso o concello decidiu realizar unha proposta de actividade de recollida de cánteghas  para logo pasar a un arquivo municipal.  O noso centro quixo formar parte desta iniciativa e tivemos connosco a dúas persoas coñecedoras do tema que nos viñeron informar sobre a actividade: Hadrián García e Ramón Varela. Despois desta información sobre que é unha cántegha  e a mostra dalgunhas das cantereiras do noso concello, deixámoslle a proposta ao noso alumando, actividade que realizaron voluntariamente e da que puidemos recoller máis de 10 mostras máis que serán engadidas a este arquivo municipal. https://www.facebook.com/reel/962223996001520

Somos regueifeiros/as!!!

No mes de novembro o alumnado de 2º ESO puido converterse por unhas horas en regueifeiro. Josinho da Teixeira e Lupe Blanco foron os encargados e mostrarlle ao noso alumnado o divertido que pode chegar a ser a construción dunha copla desde a improvisación e cuns mínimos coñecementos.  https://youtu.be/vFL5CSdSQjA Estes obradoiros, organizados desde o equipo de Dinamizaición da Lingua e a Biblioteca Rebolo tiveron a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e forman parte do Proxecto Enreguéifate   https://enregueifate.gal/oproxecto/  co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega.

Abrimos as portas da nosa biblioteca no Día Internacional das Bibliotecas

 Desde o noso centro intentamos manter as portas abertas da nosa biblioteca o máximo de tempo posible, e queremos que o noso alumando a desfrute, a poña en valor, a coñeza... Por iso, e centrándonos no alumando de 1º ESO que son os novos integrantes, coa colaboración das e dos titores destes grupos, o noso alumnado fixo unha visita á biblioteca en hora de titoría e alí informámolos dun concurso que queremos facer para que busquen información e exploren o noso catálago. Propuxémoslle que elaboraran unha portada do seu libro favorito ou aquel que queren recomendar.  Os e as máis creativas incluso fixeron unha reinterpretación de contos clásicos mesturados, que xa quedaron como parte dos fondos e exposición permanente da biblioteca. Aquí vos deixamos os traballos finais! E aquí as portadas e historas máis creativas e orixinais que gañaron os premios:

Apaga o candil... volvemos ao teatro co alumnado de 2º e 3º da ESO

 O  alumnado de 2º ESO e 3ºESO asistiu no Pazo da Cultura de Carballo á representación da obra de teatro “Apaga o Candil” a cargo da compañía Contraproducións e da mán da dirección de Cándido Pazó. Nesta representación que forma parte do 33 Festival Internacional Outono de Teatro (@fiotcarballo), recordaron teatralmente a figura de Carlos O Xetal, folclorista, contador de historias e humorista galego de gran popularidade nos anos 60 e morto nos 90. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como unha das bases da identidade cultural.

Seguimos apostando polo teatro, neste caso a través do Teatro Lido

Desde a biblioteca Rebolo e desde o noso centro seguimos apostando polo teatro nas diferentes facetas. Neste caso, un grupo de alumnos da ESO participou, coordinados pola profesora que coordina o EDLG e forma parte do equipo de biblioteca, na 23º edición do concurso escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís" cunha adaptación da obra de Manuel Núñez Singala, O achado do castro .  Na ligazón  https://youtu.be/1fga4UOfP8Q?si=WG34rFzySs7Kz4pf  podedes ver o vídeo da súa participación.  Podedes ver todos os vídeos participantes na súa canle de YouTube:  XXIII Concurso Escolar de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís' 2024:  https://www.youtube.com/playlist?list=PLXWhCf_vEVNZB7cSMlTSy_Tgu9qeN0cKL O noso alumnado non gañou o premio, pero recibiu uns diplomas e uns agasallos pola súa participación.

Apostamos un ano máis pola creatividade en época de Nadal

 Desde o EDLG e coa colaboracion da biblioteca Rebolo e do Departamento de Artes Plásticas, por sexto ano convocamos o Concurso de postais de Nadal. O obxectivo é que o alumando mostre as súas habilidades artísticas. 

Alumando axudante 2023/2024. Entrega de diplomas

 O ano pasado tivemos a sorte de contar con varios alumnos e alumnas que colleron as rendas da Biblioteca Rebolo e, despois dunha formación inicial, puideron participar e axudar nas diferentes tarefas que se levan a cabo desde este espazo.  Hoxe é o día no que lles entregamos os diplomas e lles agradecemos a súa colaboración. As portas desta biblioteca sempre estarán abertas para vós! Aquí vos deixamos algunhas imaxes da entrega de diplomas por parte do novo alumnado axudante.  


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...