Saltar ao contido principal

Publicacións

Descubrindo o que se esconde detrás dos topónimos de Carballo...

  Hoxe xunto con parte do alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato puidemos desfrutar dunha ruta por Carballo onde un experto en toponimia afincado en Carballo, Fernando Cabeza Quiles, nos levou por diferentes lugares para explicarnos de onde veñen eses nomes que forman parte do noso día a día, pero dos que descoñeciamos a súa orixe.  Así, puidemos saber o porqué do nome da tan coñecida e frecuentada Rúa da Estrela, por que lle chamamos agora rúa Fleming á que antes se denominaba Rúa do lagarto, de onde vén o nome do Polvorín ou do Chorís... Foi un pracer facer este roteiro de microtoponimia e esperamos poder volver a desfrutalo co alumnado que non puido acudir neste día!!    

Mulleres da miña vida, que importantes sodes!

As mulleres da nosa vida son moi importantes todo o ano, pero tamén é importate demostrárllelo. Así, no  Día Internacional da Muller Traballadora o alumnado de 2º e 4º da ESO A quixo homenaxear as “mulleres traballadoras das súas vidas”. Avoas, nais, amigas …, mulleres loitadoras que fixeron fronte a unha vida dura, que nos apoian e apoiaron sempre cun amor incondicional, mulleres que traballan na casa e fóra, mulleres que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas. O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá” porque dende sempre as mulleres foron, son e serán un piar fundamental da nosa sociedade. Podedes ver algúns dos seus traballos no taboleiro da entrada ou clicando en: https://www.calameo.com/read/0078964690754148d9491

Expresar amor é importa para a convivencia, sexa do tipo que sexa: Concurso de cartas de amor

Dende a biblioteca Rebolo e o EDLG cremos que a convivencia e as relacións sans son fundamentais, por iso un ano máis queremos que o noso alumando nos deleite a través dun concurso cuxo obxecitvo é fomentar a escrita respectuosa, pero ao mesmo tempo orixinal, desde o amor, en lingua galega coas súas letras.  Aquí vos deixamnos unha mostra: E estes foron os e as gañadoras!! Noraboa!

Adiós, ríos; adiós, fontes...

 Rosalía sempre ten un lugar especial na nosa biblioteca, pero é importante sacala tamén do interior das tapas dos libros, por iso, o alumando de 2º da ESO escolleu e deseñou algúns dos seus poemas para mostrarllos a toda a comunidade educativa.

Acudimos ao teatro co noso alumando de 4º ESO e 1º BACH para ver A Nai, unha proposta de Amorodio teatro

 Desde o noso centro, e desde a biblioteca Rebolo, sabemos que o teatro non é só un momento de desconexión e entretemento, senón que axuda a reflexionar e poñer enriba da mesa cuestións vitais e tamén nos axuda a coñecer parte do mundo que nos rodea. Por esta razón acudimos co alumnado de 4º ESO e 1º BACH a ver a proposta da compañía teatral Amorodio Teatro, A Nai . Con ela coñecemos as irmás Lola, Julia e Amparo Touza e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, e isto serviunos para coñecermos parte da nosa historia que nos levou a reflexionarmos sobre o futuro dunha sociedade mellor a través da acción individual.

Degustamos un ano máis as crêpes do noso alumano, pero queremos máis... engadimos pancakes!!!!

 Un ano máis, desde a biblioteca Rebolo queremos seguir colaborando cos diferentes departamentos para poñer en valor as diferentes facetas do noso alumnado. O ano pasado comezamos cun concurso de crêpes, que axudou a que o alumando coñecese parte da cultura culinaria francesa, ampliase o vocabulario e demostrase a todo o centro que tamén sabe cociñar. Este ano seguimos coa iniciativa, pero ampliando a proposta con pancakes. Para isto contamos coa colaboración das profesoras de francés e inglés que impulsaron esta actividade entre o seu alumando de 2º ESO. Aquí vos deixamos unha mostra da difícil tarefa que tivo o noso xurado, e da que deron boa conta logo os alumnos e alumnas que se achegaron no recreo á biblioteca!

As cantareiras que nos rodean

 Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ás cantareiras e á poesía oral popular, e aínda que centra a súa homenaxe nas Pandeireteiras de Mens, sabemos que é un campo moito máis amplo. En Carballo temos unha boa mostra disto, por iso o concello decidiu realizar unha proposta de actividade de recollida de cánteghas  para logo pasar a un arquivo municipal.  O noso centro quixo formar parte desta iniciativa e tivemos connosco a dúas persoas coñecedoras do tema que nos viñeron informar sobre a actividade: Hadrián García e Ramón Varela. Despois desta información sobre que é unha cántegha  e a mostra dalgunhas das cantereiras do noso concello, deixámoslle a proposta ao noso alumando, actividade que realizaron voluntariamente e da que puidemos recoller máis de 10 mostras máis que serán engadidas a este arquivo municipal. https://www.facebook.com/reel/962223996001520

Somos regueifeiros/as!!!

No mes de novembro o alumnado de 2º ESO puido converterse por unhas horas en regueifeiro. Josinho da Teixeira e Lupe Blanco foron os encargados e mostrarlle ao noso alumnado o divertido que pode chegar a ser a construción dunha copla desde a improvisación e cuns mínimos coñecementos.  https://youtu.be/vFL5CSdSQjA Estes obradoiros, organizados desde o equipo de Dinamizaición da Lingua e a Biblioteca Rebolo tiveron a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo e forman parte do Proxecto Enreguéifate   https://enregueifate.gal/oproxecto/  co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción da lingua galega.

Abrimos as portas da nosa biblioteca no Día Internacional das Bibliotecas

 Desde o noso centro intentamos manter as portas abertas da nosa biblioteca o máximo de tempo posible, e queremos que o noso alumando a desfrute, a poña en valor, a coñeza... Por iso, e centrándonos no alumando de 1º ESO que son os novos integrantes, coa colaboración das e dos titores destes grupos, o noso alumnado fixo unha visita á biblioteca en hora de titoría e alí informámolos dun concurso que queremos facer para que busquen información e exploren o noso catálago. Propuxémoslle que elaboraran unha portada do seu libro favorito ou aquel que queren recomendar.  Os e as máis creativas incluso fixeron unha reinterpretación de contos clásicos mesturados, que xa quedaron como parte dos fondos e exposición permanente da biblioteca. Aquí vos deixamos os traballos finais! E aquí as portadas e historas máis creativas e orixinais que gañaron os premios:

Apaga o candil... volvemos ao teatro co alumnado de 2º e 3º da ESO

 O  alumnado de 2º ESO e 3ºESO asistiu no Pazo da Cultura de Carballo á representación da obra de teatro “Apaga o Candil” a cargo da compañía Contraproducións e da mán da dirección de Cándido Pazó. Nesta representación que forma parte do 33 Festival Internacional Outono de Teatro (@fiotcarballo), recordaron teatralmente a figura de Carlos O Xetal, folclorista, contador de historias e humorista galego de gran popularidade nos anos 60 e morto nos 90. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como unha das bases da identidade cultural.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...