Saltar ao contido principal

Publicacións

Samaín 2020

O departamento de Música, en colaboración coa Biblioteca, o departamento de Galego, Informática e Lingua Castelá, queremos ofrecervos una pequena homenaxe que fixemos o Samaín, unha das tradicións propias da nosa terra. Para elo, o alumnado de música de 1º e 2º de Bacharelato, 4º ESO C e D, e 3º ESO B prepararon una velada musical moi especial. Puxeron moita ilusión, esforzo e traballo.   E pos suposto, queremos agradecer a Dirección do centro, a todo o profesorado e persoal non docente por facilitarnos a realización deste proxecto.   Esperamos que o gocedes. Feliz Samaín!!!

Exposición de libros nas vitrinas: Samaín e Harry Potter

  Vistes as nosas novas vitrinas camiño da cafetería? Ímolas empregar para recomendarvos lecturas de diferente temática. Na da esquerda, comezamos polo Samaín, festividade de orixe celta, que se celebra na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro. O Samaín servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o “Ano Novo Celta”, que comezaba coa estación escura. Tedes máis información no Taboleiro do EDLG Na da dereita, a famosa saga de Harry Potter, unha serie de novelas fantásticas escritas pola autora británica J.K. Rowling. Nelas nárranse as aventuras do mozo aprendiz de maxia e feiticería Harry Potter e os seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley, durante os anos que pasan no colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería.

Recomendacións de lectura

Cada semana imos recomendarvos un libro de lectura tanto en castelán como en galego. Tocaremos moitos xéneros e idades.  Esperamos que vos guste a nosa selección!! Semana 25 outubro - 1 novembro Semana 1 novembro - 8 novembro Semana 8 novembro - 15 novembro   Semana 15 novembro - 22 novembro       Semana 23 novembro - 29 novembro     Semana 30 novembro - 6 decembro Semana 7 decembro - 13 decembro Semana 14 decembro - 20 decembro Semana 21 decembro - 27 decembro Semana 11 xaneiro - 17 xaneiro Semana 18 xaneiro - 24 xaneiro Semana 25 xaneiro - 31 xaneiro Semana 1 febreiro - 7 febreiro Semana 8 febreiro - 14 febreiro Semana 15 febreiro - 21 febreiro Semana 22 febreiro - 28 febreiro Semana 1 marzo - 7 marzo Semana 8 marzo - 14 marzo Semana 15 marzo - 21 marzo Semana 22 marzo - 28 marzo Semana 12 abril - 18 abril Semana 19 abril - 25 abril Semana 26 abril - 2 maio Semana 3 maio - 9 maio Semana 10 maio - 16 maio Semana 17 maio - 23 maio Semana 24 maio - 30 m...

Días das Bibliotecas 24 Outubro

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca.  É unha iniciativa que dende 1997 promove a  Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil O obxectivo é poñer en valor o papel das bibliotecas e a importancia de contar con uns servizos bibliotecarios de calidade, accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. Desde o ano pasado  incorporouse  o lema ‘Aptas para todos os públicos’, que está presente en toda as actividades que se poñan en marcha. A edición de este ano, baixo o lema ‘ Bibliotecas, sempre ao teu carón ‘ céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Cartel e logo da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través de la Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultur   Para conmemorar este día, nos fixemos unha exposición de bibliotecas do mundo que podedes ver n...

Comezamos o curso 2020-2021

Chegou setembro e dámosvos a benvida ao novo curso 2020-2021! Como sabedes este curso vai ser excepcional por mor da pandemia do Covid-19 e imos atopar un centro moi cambiado para adaptarnos á nova situación. Os cambios tamén afectan á nosa biblioteca xa que este curso terá algunas limitacións no seu uso e disfrute que os deixamos aquí e nos videos ( na seguinte ligazón ). Lede con moita atención o noso protocolo e cumplídeo a raxa tabla 😉. PROTOCOLO DA BIBLIO REBOLO EN TEMPOS DO COVID-19: Aforo máximo: 10 alumnos en biblio, 2 nos ordenadores, 2 voluntarios e 2 profesores. Ventilación constante.  Uso obrigatorio da máscara sempre.  Antes de entrar e saír, lava as mans.  Non toques nada, salvo onde te sentes.  Limpa o teu posto antes e despois do seu uso.  Para que poidades disfrutar da biblioteca a meirande parte de vós, haberá dous turnos en cada recreo; así que, cando soe a melodía, limpa o teu posto e sae da biblio para deixar entrar ao seguinte (non se apli...

Funcionamento da Biblioteca Rebolo

Nesta publicación podedes consultar todos os vídeos feito polo alumnado do centro onde explican o funcionamento e as pautas a seguir na biblioteca, tanto en condicións 'normais' como cumplindo co protocolo COVID Funcionamento normal Funcionamento co protocolo COVID

Conmemoración Día Internacional do Orgullo LGBT

No Día do Orgullo,  ademais de celebralo, queremos recordarvos que a homofobia, transfobia e bifobia e as mensaxes que atacan á igualdade e á diversidade, son constantes no noso día a día. As noticias que falan de ataques ao colectivo LGBTI nas rúas, o bullying nas escolas ou discriminación no traballo, seguen sendo desgraciadamente moi comúns. Mais, hai boas noticias! Está nas nosas mans cambiaresta situación e conseguir que a nosa sociedade sexa respectuosa con toda, persoa independentemente da súa orientación sexual ou identidade de xénero. Entre todos podemos evitar moitísimo sufrimento innecesario se creamos unha sociedade de respecto á diversidade e se loitamos todas as persoas xuntas por acabar contra os discursos de odio. Ama e deixa amar!! Deixámosvos aquí un vídeo moi fácil sobre identidade sexual. E para todos aqueles que reclaman un día do orgullo hetero, aquí vai un tweet do noso querido Nando López.   E por suposto, non pode f...

Recomendación Lectora de Verano

Despedímonos deste ano que non esqueceremos cunha guía de lectura para que vos animedes ou sigades lendo este verán. Disfrutade moito e con moita precaución e deixádevos levar polas moitas aventuras que atoparedes nestes libros. Por un verán cheo de lecturas!

Vivencias durante o confinamento (Parte 8)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados. A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade.  Moito ánimo. A selección de hoxe: Un longo día pasa detrás doutro, e x...

Vivencias durante o confinamento (Parte 9)

O alumnado do noso centro, o IES PARGA PONDAL de Carballo permitiranos coñecer as súas vivencias durante o período do confinamento escribindo uns textos cheos de emocións, experiencias, sentimentos, reflexións e sobre todo de grande responsabilidade fronte á pandemia que fai xurdir en todos nós momentos persoais de gran intensidade. Nesta sección temática poderedes empezar a percorrer o camiño que vos guiará na lectura e coa que probablemente moitos de vós vos sintades identificados. A gratitude non debe quedar nun mesmo, debemos expresala e por iso toda a Comunidade Educativa, quere agradecervos publicamente a vosa colaboración, o voso esforzo, a vosa bondade e sobre todo a gran responsabilidade que estades demostrando día a día. Aprendemos con vós e sen vós, o noso labor como docentes non tería ningún sentido. Parabéns e moitas grazas por compartir a vosa xenerosidade.  Moito ánimo. A selección de hoxe: Son Xan, o primoxénito dunha familia...


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...