Saltar ao contido principal

Publicacións

Charla ó alumnado de 2 de Bacharelato a cargo de antigas alumnas do centro

O pasado venres 18 de Decembro, o equipo da Biblioteca do noso centro organizou unha charla motivacional, a petición do Departamento de Orientación, para o alumnado de 2 de bacharelato de cara a axudarlles a afrontar este curso tan importante. Na charla  participaron tres antigas alumnas da promoción do ano pasado: Aida Duarte, Saray Gende e Elena Fariña que aceptaron encantadas o reto de contar a súa experiencia e tentar  motivar e resolver as dúbidas dos seus compañeiros.   Durante dúas horas, unha para cada un dos grupos de bacharelato, contáronlles a súa experiencia sobre como preparar e estudar de cara a preparación das ABAU, como levaron e afrontaron o estudo en tempo de pandemia así como consellos sobre a proba en si.    

Exposición de Conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos

Como todos sabedes, o 10 de decembro conmemoramos o Día Internacional Dos Dereitos Humanos. E como non, desde a nosa Biblioteca Rebolo, realizamos unha serie de actividades para dar visibilidade a unha data tan celebrada en todo o mundo. Non podía faltar o papel tan importante que xogaron nesta efeméride, as mulleres. Para iso, colocamos no taboleiro do instituto, as imaxes de grandes mulleres activistas que loitaron polos nosos dereitos. Nun lugar preferente aparece Eleanor Roosevelt , presidenta da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas e impulsora da declaración das liberdades e profundamente involucrada en cuestión de xustiza social. Entre elas destacamos a Lakshmi Menos , delegada da India ante a Terceira Comisión da Asemblea Xeral en 1948, avogando pola non discriminación sexual ao longo da Declaración Universal Dos Dereitos Humanos. Importante tamén foi o papel que desenvolveu a diplomática e activista da República Dominicana, Minerva Bernandino , reafirmando o papel ...

Podcast con motivo do 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro celebramos o Día dos Dereitos Humanos. Neste día conmemoramos que en 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH), un documento histórico que proclama os dereitos inalienables que corresponden a toda persoa como ser humano. Entre as actividades realizadas no noso centro para conmemorar este día, gravamos un podcast na nosa radio escolar, Rebolondas. Neste audio de 9 minutos podemos escoitar, na voz de alumnado voluntario de 4º ESO, o porqué desta data,   a contribución de Eleanor Roosevelt, porque é importante a loita e a defensa dos dereitos humanos e os 30 artigos da Declaración. Agradecemos a colaboración do alumnado participante nesta actividade:   Xosé Cameán García, Susana Pallares Vilaverde, Lara Rabuñal Vila e Alba Varela Vales, que o fixo con gran profesionalidade. E lembrade que os dereitos humanos deben ser unha prioridade para tod@s se queremos construír un mundo máis xusto e mellor.

Vídeo con motivo do 10 de decembro: Día Internacional dos Dereitos Humanos

  Como acostumamos a facer desde a nosa Biblioteca Rebolo , organizamos unha actividade para conmemorar o Día Internacional Dos Dereitos Humanos . O alumnado de 1º de Bacharelato participou na lectura e gravación dun vídeo no que se leu o Preámbulo e os 30 artigos da “Declaración Universal Dos Dereitos Humanos”. O obxectivo desta actividade foi dar a coñecer todos os artigos desta declaración facendo que o alumnado se implicase dunha maneira diferente. Desde o equipo da Biblioteca queremos agradecer a tod@s aqueles que quixeron participar e aqueles que se ofreceron de forma voluntaria. Sabiades que este documento está dispoñible en 500 linguas e que foi o que máis se traduciu no mundo? Os dereitos humanos universais , como afirmou Eleanor Roosevelt , comezan en pequenos lugares, preto das nosas casas; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa… Se eses dereitos non significan nada nestes lugares, tampouco significan nada en ningunha parte. Sen ...

Eliminación de cita previa para acceder á Biblioteca

Queremos informarvos que desde o luns 30 de novembro desaparece o funcionamento de acceso á biblioteca empregando a cita previa. Agora poderedes acceder cando o necesitedes. No caso de non producirse aglomeracións, seguiremos mantendo este novo sistema ao longo do curso. En calquera caso, os protocolos de limpeza de mans e dos postos así como o resto de normas mantense vixentes Esperámosvos na vosa biblioteca!!    

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: "O maltrato sutil" con Radio Rebolondas

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e dende a nosa radio escolar, Rebolondas, o alumnado do noso centro, a través dun grupo de 3 ESO, pon voz a reivindación desta data, na que denuncian a violencia que se exerce contra a muller en todo o mundo, reclamando políticas en todo o planeta para a súa erradicación.   Escoitaremos, a través dunha pequena historia, “o maltrato sutil” as diferentes formas que existen de exercer a violencia contra unha muller, para que sexamos capaces de reflexionar, de concienciarnos sobre esta problemática, de revisar os valores e mitos que toleran todos os tipos de violencia. Todos podemos dende o noso lugar, ccontribuír a erradicar os diferentes tipos de violencia contra as mulleres, porque non existe xustificación da violencia contra as mulleres.  Alumnado participante na grabación do podcast Audio co podcast Vídeo feito durante a grabación do podcast

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: Recomendacións de lecturas relacionadas coa violencia de xénero

Como xa sabedes o 25 de novembro participamos unha vez máis no Día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.  Este ano non podemos levar a cabo ningunha actividade conxunta por mor da pandemia de covid-19, mais desde a biblioteca Rebolo levamos a cabo varias acción e actividades conmemorativas que poñan de manifesto o noso compromiso coa igualdade de xénero e o rexeitamento máis absoluto de todas as formas de violencia machista.  Entre estas actividades está a escolma dunha serie de libros que pensamos poden ser do voso interese e que tedes expostos na vitrina esquerda do corredor. Hai moitos máis no vosa biblioteca!   

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: Situacións a loitar contra os micromachismos

Hoxe en día xa resulta fácil identificar e rexeitar un comportamento claramente machista nos diferentes ámbitos da nosa vida: laboral, familiar ou social. Pero aínda hai moitas actitudes do noso día a día que pasan máis desapercibidas e que encobren estas actitudes machistas ou sexistas: son os MICROMACHISMOS. Para que sexas máis consciente destes micromachismos, o noso alumnado reproduciu nunhas conversas de whatsapp situacións con exemplos que desgraciadamente se poden atopar na vida cotiá e que son herdanza dunha cultura machista.  Seguro que se che ocorren moitos máis … Está na man de todos e todas detectalos e frealos para acadar un futuro libre de esteorotipos limitadores Aquí vos deixamos unhas fotos do panel na entrada camiño da cafetería Podedes ver máis en miúdo algunhas das conversas        


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...